viernes, 26 de agosto de 2011
Chapuza: Electricista en plena faena II
Non sei se será porque ten calor ou pola ignorancia, pero espero que a forma de traballar deste home sea pola segunda.
viernes, 19 de agosto de 2011
Chapuza: Enchufe enchufado
Parece unha paradoxa, pero é un enchufe enchufado. Non sei se terá moita utilidade, pero curioso é canto menos
viernes, 12 de agosto de 2011
Chapuza: Contador virxe extra
Alegría e colorido para o típico contador de corrente aburrido.
Se algún día pasades por Folgoso do Courel non dudedes en botarlle un ollo.
viernes, 5 de agosto de 2011
Chapuza: Electricista en plena faena
Nesta imaxe podemos apreciar a falta de medidas prevención de riscos laborais que usa este electricista para traballar nunha línea aérea que parece ser de media tensión. Non está usando os EPIs adecuados nin as medidas adecuadas para previr unha descarga eléctrica.
Todo un artísta!
martes, 26 de julio de 2011
Chapuza: Carril bici
Esta imaxe recorda a esa típica pregunta de "Que foi antes, o ovo ou a galiña?". Neste caso, que foi antes, o carril bici ou o apoio de fin de linea?
viernes, 15 de julio de 2011
Traballos en tensión
As liñas eléctricas precisan de coidados especiais, co fin de evitar interrupcións de subministración ou perigos por fallos na liña.
É evidente que se, en calquera punto dun sistema de distribución, é preciso cortar o servizo para poder realizar os traballos de mantemento, os consumidores verán interrompida a subministración. A fin de evitar estes inconvenientes durante a realización de traballos de conservación ou de construción, foron desenvolvéndose os traballos en tensión.
Todo método de traballo en tensión debe cumprir dous obxectivos:
a) Protexer ós operarios do risco de contacto eléctrico.
b) Eliminar a posibilidade de curtocircuítos entre condutores ou elementos a distinto potencial.
Estes dous obxectivos definen a distancia mínima de aproximación para unha diferenza de potencial determinada e a zona prohibida para o operario.
O operario debe estar sempre protexido dos condutores ou partes en tensión, ben manténdose a distancia ou ben utilizando dispositivos adecuados que reduzan ou anulan o que se definiu como zona prohibida.
O seu comportamento en relación con esta zona define os tres diferentes métodos utilizados para realizar traballos en tensión:
1. Traballos en contacto
Emprégase en baixa tensión, a súa denominación completa é método en contacto con protección illante das mans, xa que o operario efectúa todo o traballo con luvas illantes.
Neste caso, os elementos máis importantes para desenvolver calquera traballo con este método son as proteccións e as ferramentas illantes que se utilicen.2. Traballos a distancia
Emprégase xeralmente en media e alta tensión (ata 132 KV) e consiste en que o operario realiza o seu traballo coa axuda de ferramentas especiais montadas no extremo de pértegas illantes.
O operario, neste caso, sitúase ao potencial de terra (potencial cero), por tanto, é necesario que a pértega illante dispoña do illamento requirido para o nivel de tensión no que se vai a traballar.3. Traballos a potencial
Neste método o operario ponse ó mesmo potencial que o condutor sobre o que vai traballar, eliminando desta forma o concepto de zona prohibida e manipulando os condutores con ferramentas convencionais. Este método é aconsellado en liñas de tensión superior a 132 KV.
Nos tres métodos mencionados no apartado anterior, a protección dos operarios contra os riscos de contacto con elementos situados a un potencial diferente do seu asegúrase por un ou varios dos seguintes medios:
- Revestimento illante (pantallas, cubertas, etc.) dos condutores espidos ou dos condutores cuxo illamento é defectuoso ou insuficiente, así como das demais masas condutoras:
- Utilización de dispositivos illantes (plataformas, cubertas, etc.):
- Afastamento dos condutores a distancias prescritas, por medio de dispositivos illantes:
- Equipo e roupa de traballo apropiados (pértegas, tesoiras, abrazadeiras, etc.):
viernes, 8 de julio de 2011
Canto vale un raio?
O outro día falando cun amigo, fíxome pensar unha frase que dixo: “Que pena que non poidamos aprobeitar a enerxía dos raios.”
Desta maneira, púxenme a investigar para saber o que valería a enerxía creada por un raio. Así que imos facer uns cálculos:
Polo que nos din os estudios, a descarga dun raio produce uns 50 MV (si, 50 millóns de voltios) e a intensidade máxima que pode descargar é de 200 kA. A potencia que nos daría calcularíase multiplicando a tensión pola intensidade, pero como mentras se está producindo a descarga a tensión baixa ata cero, tómase a potencia como o valor medio, é dicir, a metade da tensión que tíñamos de principio. Desta maneira:Así o resultado é de 5.000.000.000.000 vatios, é decir, 5 mil millóns de kilovatios. A que impresiona a potencia que pode descargar un raio!
Ben, o que nós queremos obter é enerxía, xa que as empresas eléctricas cobrannos pola enerxía, non pola potencia. Así, a enerxía non é máis que a potencia por unidade de tempo. As empresas eléctricas expresan esta enerxía en kilovatios hora (kWh), é dicir, o consumo dun kilovatio durante unha hora.
Segundo o último BOE, o valor dun kilovatio hora é de 0.140069 euros para as tarifas de último recurso, comprendido para o perído do segundo semestre do ano 2011 sen aplicar impostos.
Agora necesitamos saber o tempo que se está consumindo esta potencia, que no noso caso é o tempo que dura o raio, que polo que nos din os estudios ronda un milisegundo, de maneira que se nunha hora hai 3.600 segundos, a enerxía media dun raio é de:Desta maneira, aplicando o prezo por kilovatios hora obtemos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













