miércoles, 22 de junio de 2011

Especial pilas II: historia das pilas I

Seguimos ca segunda entrega do especial das pilas, donde falarei da primeira pila coñecida da historia da humanidade.

A primeira pila, en Babilonia
A pregunta do millón é, quen inventou a primeira pila? Seguro que moitos de vós diredes que foi Alessandro Volta cara o 1800, máis, sen embargo todo parece indicar que xa no 1750 antes de Cristo os Babilonios se adiantaron a Volta.

No ano 1938, o enxeñeiro alemán Wilhelm Köning, xunto cun grupo de obreiros que realizaban a construción dun sistema de rede de sumidoiros no outeiro de Rabua, moi próxima a Bagdad, atoparonse cun estrano obxecto de arxila en forma de vaso. Este obxecto tiña 15 centímetros de alto, e posuía un tapón de asfalto onde cara ó interior partía un tubo cilíndrico de cobre de 26 milímetros de diámetro e 19 centímetros de altura.
Á súa vez, do tubo sobresaía unha varilla de ferro de 1 centímetro cuberta de chumbo lixeiramente corroída por algún tipo de ácido. A pesar de que as autoridades e os “expertos” tacharon este pequeno vaso ou vasilla de “obxecto de culto” (moi típico nestes casos), o propio Köning, tras introducir un electrolito común no interior do recipiente, logrou facer funcionar este chamado “obxecto de culto” como unha batería.


No mesmo xacemento foron descubertos outros obxectos que foran sometidos a un proceso de galvanización. Estes, databan do 2000 antes de Cristo, polo que se chegou á conclusión que hai máis de 4000 anos, os antigos moradores destas terras da Mesopotamia, utilizaban pilas eléctricas.
Polo que din os científicos, poideron usar como electrolito uvas esmagadas ou quizáis vinagre.

Como curiosidade, probouse unha réplica da pila de Bagdag cun resultado de 0.87V, polo que con varias veldas en serie obteríase o suficiente potencial como para facer o prateado electrolítico de pequenos obxetos.

jueves, 16 de junio de 2011

Especial pilas I: tipos de pilas e funcionamento

Seguro que todos os días utilizas algún trebello eléctrico que usa pilas para o seu funcinamento: un mando a distancia, un rato inhalámbrico, o radiocontrol de apertura da porta do garaxe, un reloxo,...

Neste especial sobre as pilas, empezarei na primeira entrega falando da estructura interna das pilas e do seu funcionamento.

Tipos de pilas
- Pilas secas:
Ó longo da historia os distintos tipos de pilas evolucionaron ata as denominadas pilas secas, que son as que usamos case todos os días.
Este tipo de xerador eléctrico convirte a enerxía química dos compoñentes da pila en enerxía eléctrica ata que estes compoñentes se agotan e perden as súas propiedades.  Para realizar este tipo de transformación, débese producir un tipo de reacción entre os compoñentes da pila chamado redox, na que participan dous protagonistas:
- Axente oxidante: é o que oxida á outra especie. Arríncalle electróns á outra especie, gañándoos el e reducíndose.
- Axente reductor: é o que reduce á outra especie. Cédelle electróns, perdéndoos e oxidándose.

A estas altura da película preguntaraste como é posible que o que se reduce esté gañando algo, verdade? Bueno, pois a resposta é moi sinxela, porque o que está gañando, gaña electróns, que teñen unha carga negativa.

Unha reacción redox deste tipo de baterías é a seguinte:

Os productos do cátodo atópanse en estado gas, que se van acumulando ó redor da barra de carbono, o que se califica como polarización da pila, que produce descensos de potencial e pode chegar a producir a rotura da pila. Para evitar a polarización, é polo que se engade á pila óxido de manganeso IV, que reacciona co hidróxeno e co cloruro de zinc  e estes á súa vez co amoniaco e acábaos eliminando.
O exemplo típico deste tipo de pilas é a pila comercial económica.

- Pilas primarias:
A súa composición e funcionamento son semallantes ó das pilas secas, eso si, presentan unha grande vantaxe, que é a súa maior duración e que nos productos non se forman sustancias en forma de gas, polo que non hai perigo de polarización da pila.
O exemplo típico deste tipo de pilas é o da pila de botón.

-Pilas alcalinas:
A diferencia que presentan é que o medio donde se atopa o electrolito é alcalino, xeralmente formado por unha disolución de hidróxido de potasio.
As máis usadas son as de zinc-óxido de magnesio, zinc-óxido de mercurio e zinc-óxido de prata II. Como podes apreciar, o ánodo sempre está formado por zinc e tras oxidarse forma óxido de zinc.
O exemplo típico deste tipo de pilas alcalinas.

-Acumuladores:
Nelas, os electrodos son de natureza química diferente.
Os productos da reacción deposítanse sobre os electrodos, de tal maneira que si facemos pasar unha corrente eléctrica en setido contrario ó que xeneran, a reacción invírtese e volven a recuperar os reactivos a partires dos productos, é dicir, recárganse.
Este proceso é reversible un gran número de veces, pero non infinitas, xa que os reactivos acaban deteriorándose e perdendo facultades. Ademáis, senon de que iban vivir os que as fabrican?


Funcionamento
Se observas unha pila, verás que ten dous polos ou terminales, un positivo e outro negativo.
Os electóns agrúpanse na parte negativa, de maneira que para facer funcionar a pila, se unimos ambos terminales, os electróns pasarán da parte negativa á positiva o máis rápido posible. Cabe decir, que no medio deste circuito debemos poñer algún trebello como unha resistencia, motor, circuito electrónico, etc para que non se descargue moi rápido e se quente en exceso, tanto como para que poda chegar a ser perigoso en pilas grandes.
Por esta razón, podemos gardar as baterías tanto tempo sen que se descarguen, debido a que non chega a producirse a reacción.


Facendo un resumen de todo o anterior, podemos decir que as pilas son esencialemnte unha lata con elementos químicos que produce electróns mediante unha reacción electroquímica.

sábado, 11 de junio de 2011

Curtocircuitos

Un curtocircuito prodúcese cando a resistencia dun circuito eléctrico é moi pequena, provocando que o valor da corriente que circula sea excesivamente grande.
Os curtocircuitos poden dividirse en varias clases:

Para corrente alterna:
    •  Trifásico: cando se poñen en contacto as tres fases nun mesmo punto do sistema. Na maior parte dos casos, este é o curtocircuito máis severo e problematico, xa que xera as correntes de curtocircuito máis elevadas. Hai que engadir, que tamén é o menos frecuente.
    • Bifásico: cando se poñen en contacto dúas das distintas fases do sistema polifásico.
    • Bifásico a terra: cando se poñen en contacto dúas fases distintas dun sistema polifásico xunto ca terra do sistema.
    • Unipolar (monofásico): cando se poñen en contacto unha fase ca terra do sistema. Como a   maior parte da xente poseemos este tipo de conexión á rede eléctrica, este adoita ser o máis frecuente.
     
     Para corrente continua:
      • Entre polos opostos: cando se poñen en contacto os polos opostos dun circuito de corrente continua.

      Para a xente que non está familiarizada co mundo da electricidade, este tipo de defectos crean unhas correntes, denominadas correntes de curtocircuito, que rondan os kiloamperios.
      Se miras o trebello eléctrico que tes detrás da porta da casa, chamado interruptor de control de potencia (ICP), que limita o consumo do teu fogar, este rondará os 20-25 A a 230 V. Se entran en contacto fase e neutro da túa instalación, crearáse un chispazo que cortará o interruptor magnetotermico do cadro de protección. Este chispazo para que te fagas unha idea, creou unha corrente de curtocircuito que rondaría os 4 ou 6 kA.
      Se ahora pensamos en grande, nunha linea trifásica de 20 kV, as correntes de curtocircuito chegan a ser da órde dos centos de kiloamperios.

      Como se pode apreciar, a maior tensión, as correntes de curtocircuito aumentan. Esto pódese ver se nos fixamos nas fórmula da corrente de curtocurcuito:
      Donde:
      • Vo: tensión da línea.
      • Zcc: impedancia de curtocuicuito.

      Estes defectos, crean consecuencias non desexadas nos instalacións eléctricas como:
      • - Degradación dos aislantes dos conductores: ao pasar a corrente de curtocircuito polo conductor este quéntase por efecto Joule (o mesmo principio que fai que unha lámpada incandescente dea calor ademáis de enerxía luminosa). Esto é debido á seguinte fórmula:  
                             
                                   Donde:
                              - Q: calor.
                              - R: resistencia interna.
                              - t: tempo que circula a corrente.

                Como podemos ver, a intensidade está elevada ó cadrado, desta maneira, a maior           corrente de curtocircuito, maior calor está soportando o conductor, que provoca           que se degrade, podendo volver a crear outro curtocircuito ou podendo dar lugar a           un contacto non desexado co conductor.
      • Incendios: debido á calor xerada polo efecto Joule, pode crearse un incendio.
      • Fusión dos conductores: debido a un arco voltáico xerado tras a corrente de curtocircuito ou ás elevadas temperaturas.
      • Desconexión de partes das instalacións debido á selectividade das proteccións eléctricas: esto prodúcese cando temos unha separación de circuitos.

      Para que poidas ver o efecto que pode producir un curtocircuito, un exemplo claro son os seguintes videos:




      Nestes casos, unha pola está creando un curtocircuito entre dúas fases dun sistema trifásico nunha línea de transporte aérea. Tras un tempo, crease un arco eléctrico que se estingue polas proteccións presentes nas lineas ou porque o aire deixa de estar o suficientemente ionizado para continuar creando o arco.